As municipais chaman á porta
· rosendo luis fernández
Source Summary
Nesta ocasión, o de menos é quen o di, o importante é que transmite experiencia e saber tanto na xestión dos pequenos e medianos concellos, como cales son as eivas e fortalezas para dar o mellor servizo aos cidadáns, aos veciños. Os candidatos, sobre todo os que se presenten por primeira vez, teñen un bo espello con vistas ao domingo 23 de maio de 2027, data das vindeiras municipais: as súas declaracións. Cando isto escribo faltan apenas 10 meses para celebrarse as que son en chamarse a nai de todas as eleccións -sempre na boca de Manuel Fraga-, así descritas xa que as formacións ou partidos que gobernen os concellos parten con vantaxe para afrontar as citas supramunicipais. O caso é que tendo en conta o nomeamento dos candidatos, configuración das listas electorais ou candidaturas, presentación das mesmas, confección de programas máis dalos a coñecer... as municipais están aí, nun santo e amén. E se apelamos ao dito de que un político non só nace senón que se fai, non entendo ben a tardanza, en moitos casos, para nomear candidatos, mantendo incertezas.